Idazlearen etxea - HUGOENEA - Pasaiariak - Esperanza Mariño

EU | ES | FR | EN
Facebook Twitter Vimeo Goear Scribd
Euskal Idazleen Elkartea

Idazlearen etxea > HUGOENEA

Esperanza Mariño

Vencellada por raíces familiares e primeiras vivencias á Pobra do Caramiñal, despois de varios anos en Asturias e xa de volta no lar, Esperanza Mariño Davila (Santiago de Compostela, 1963) obtén a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade compostelá. Desde aquela, exerce como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, para na actualidade traballar no IES de Cacheiras. Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED e A Freita (da "Mesa prá Defensa del Galego de Asturias"). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas, Encontros, cte., dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Prologou dúas obras: a edición facsímile da novela Da emigración (1993) do pobrense A. Paz Míguez e mais o poemario de C. Veiguela A Vida Sempre e Sobre Todo (2001). Recentemente publicou o 'Dicionario' María Mariño. Da relación ininterrompida con Asturias -tanto a de lingua galega como asturiana- naceu así mesmo a colaboración como crítica, narradora e tradutora nas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura, constituíndo polo de agora un caso insólito en Galiza e sendo por iso convidada a participar de xeito activo na V Xunta de Escritores Asturianos. En canto á faceta da creación, escribiu numerosos relatos breves nas revistas O Espello e Pontigo; tamén colabora con regularidade en Dorna. Ten participado nos volumes colectivos Homenaxe a Uxío Novoneyra, Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte.
uberan.eus
Liburuak Gozagarri 2018
Gure Programak
Literatur Jarduerak
Idazleak Ikastetxeetan
Idazleakaz
Literatura lehiaketak
 
aurrekoa Maiatza 2018 hurrengoa
 
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
2011 Euskal Idazleen Elkartea
Zemoria kalea 25 · 20013 Donostia (Gipuzkoa)
Tel.: 943 27 69 99
eie@idazleak.eus

iametza interaktiboak garatuta